img
 

As Nogais

 

CONCELLO:

Premer para ir ó Concello

Premer para ir ó Concello

O municipio de As Nogais atópase situado a 52 km da capital da provincia, entre o límite meridional da Serra dos Ancares e o val que forma o curso do río Navia, dentro do conxunto das Serras Orientais galegas.
Ocupa unha extensión duns 112 km² e linda ao norte co concello de Becerreá, ao sur con Pedrafita do Cebreiro, ao leste con Cervantes e ao oeste con Triacastela.

Que Os Ancares é unha comarca historicamente poboada demóstrano os seus numerosos restos arqueolóxicos, datados moitos deles de fai 4.000 anos. Castros, medorras, dólmenes e petroglifos están repartidos por toda a comarca.
Os primeiros restos de asentamentos en As Nogais pertencen á cultura castrexa.

O territorio sobre o que se asenta o municipio corresponde a unha espectacular paisaxe de montaña no que a natureza é a protagonista. Caracterízase por unha alternancia entre vales, destacando o curso fluvial do río Navia, que cruza de sureste a noroeste todo o territorio, e xera contornas dunha calidade paisaxística inigualable.

Nas súas ribeiras atopamos nogueiras, avellanos, perales, cerezales e nos altos cumios multitude de especies como castiñeiros e bidueiros. Entre as cadeas montañosas destacan por unha banda, as serras do Rañadoiro e o Piornal que superan os 1.300 metros de altitude, Travesa, Pintinidoira e pico do Corbo (1387 metros). Xunto co río Navia son numerosos outros cursos de auga que desembocan no Navia, como o Boullón que nace na parroquia de Alence e o río Valdeparada, que nace no concello limítrofe de Piedrafita do Cebreiro, e desemboca en As Nogais.

FEIRA DA EMPANADA E OUTROS PRODUTOS DOS ANCARES E FESTA DAS FLORES:
Última fin de semana do mes de Maio.

FESTAS PATRONAIS / FESTA DO EMIGRANTE:
1ª fin de semana de Agosto.

ENTROIDO:
Variación anual da data de celebración.

SANTIAGO DE DONCOS: 25 de Xullo.

FEIRA DOS OFICIOS DE DONCOS: 1ª fin de semana de Setembro.